Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pregúntase onde están os medios dos que dispón o Concello para levar a cabo a roza nas vías

FOTO ESTRADA MONDOÑEDOMondoñedo, 20 de agosto de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo pídelle a Orlando González explicacións sobre o uso que lle está a dar ao tractor municipal tendo en conta o aspecto intransitable que presentan as vías municipais nas que non se realizaron as labores de desbroce.

Ante esta situación, os populares pregúntanse onde están os medios dos que dispón o Concello para levar a cabo a roza nas vías, ao tempo que denuncian esta situación que está a afectar a seguridade vial, incrementando a maiores o riscos de incendios na localidade.

En concreto, o PP de Mondoñedo explica que o Concello conta cun tractor municipal ademais de medios humanos, polo que consideran inconcibible o aspecto que presentan as vías a esta altura do verán, atopándose nunha temporada de alto risco de incendios.

Os populares consideran necesario que o rexedor local inicie de maneira inmediata os traballos de desbroce, tal e como xa lle solicitara o PP de Mondoñedo ao inicio de verán facendo oídos sordos as demandas non só dos populares, senón tamén dos veciños que lamentablemente son os que se ven máis afectados pola despreocupación e nefasta xestión dun rexedor local que elude as súas responsabilidades.

Os populares lembran que a situación chegou a tal punto criticable, que incluso se termina vendo afectado o turismo local. Así os populares lembran que o paso mes de xullo, un grupo de persoas non puideron realizar o recorrido pola Ruta de Auga, dado o mal estado que presentaba este sendeiro.

O PP local denuncia que a situación intransitable e imposible que presentan moitas vías municipais estalle a afectar moi negativamente á localidade e non só no ámbito preventivo de incendios e no da seguridade vial, senón que tamén repercute de forma negativa no turismo local.

Polo tanto, o PP úrxelle a Orlando González que solvente esta situación de maneira inmediata e manteña limpas e en bo estado as estradas da súa titularidade, dado o risco que esta situación entraña.

Exit mobile version