Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro presentará unha moción para asegurar a boa conservación do material exposto na mostra ‘100 anos do Heraldo’

O 29 de xullo de 2013 inaugurábase em Viveiro a Exposición dos 100 anos do Heraldo de Viveiro. Nesta exposición podiase comtemplar, entre outras obxectos, a maquinaria perteneciente a antigua Imprenta Fojo de Ortigueira e que foi adquirida no seu momento polo Concello de Viveiro. Tratase de 4 máquinas que non so teñen um enorme valor histórico, senón, tal e como nos comentaron expertos na matéria tamén teñen un gran valor econômico.

Estas máquinas que nun primeiro momento estiveron depositadas no IES María Sarmiento, pasaron posteriormente a estar almacenadas nun galpón do muelle. ata que foron restauradas para esta ocasión e postas na exposición xá sinalada. O traballo de restauración foi impecable e así se puído comprobar por parte de todos os que asistimos a esta exposición.

Unha vez restauradas axeitadamente e dado o seu valor histórico-económico, dende o PP de Viveiro pensamos que non procede voltar a almacenalas e postralas no olvido, mais ben todo o contrario. Si a isto lle sumamos os datos aportados polos organizadores, quenes sinalaban que a mediados de agosto foran máis de 3000 persoas as que visitaran esta Exposición, queda fora de toda dúbida a importância e o atractivo que resultou este acontecemento.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro, eleva ó Pleno a adopción do seguinte acordo:
Instar ó Equipo de Goberno a que realice todas as xestións necesarias para ubicar esta maquinaria nun local de xeito permanente para a súa exposición ó público, ó obxecto de que poida ser visitada habitualmente e ir dalgún xeito conformando o que nun futuro próximo debería de ser o Museo que albergara todas as innumerables mostras do patrimônio artístico-histórico de Viveiro.

Exit mobile version