Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lembra a María José Fernández que ten na súa man incrementar as axudas a todas as asociacións do concello

O Valadouro, 1 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular do Valadouro lembrou hoxe á tenente de alcalde, María José Fernández e ao conxunto do equipo de goberno local, que “se quere realizar un tratamento igualitario” ten na súa man incrementar as axudas a todas as asociacións do concello “e non facer todo o contrario, isto é recortar estas colaboracións cos prexuízos que a redución das axudas provoca”

O PP lembra que os orzamentos municipais para o ano en curso incrementan nun 22% a partida para actividades e festexos, o que permitiría ampliar as axudas ao Motoclub ou a outros colectivos, pero lamenta que o tripartito pretenda destinar este aumento a outras prioridades distintas do apoio ao colectivo asociativo como pode ser o soldo do asesor nomeado a dedo por Udival.

Axuda a Apreval
Os populares sosteñen en que recortar as axudas a Apreval, o colectivo organizador de Equiouro, supón desprezar as actividades que desenvolve no municipio, entre outras, lembran, o campionato galego de andadura e a copa de Galicia. Hoxe incluso o campión galego é veciño do Valadouro.

Insisten ademais en que o Concello fixo un grande esforzo para contar coa primeira pista de andadura de Galicia e que agora podería verse comprometido pola falta de compromiso do Goberno local. Din ademais que as actividades de Apreval achegan a miles de persoas ata Valadouro e dan visibilidade ao concello a nivel autonómico o que a converte nunha cita de interese prioritario, digna de contar cos máximos apoios.

Exit mobile version