Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non asistirá á Xunta de Portavoces e remítese á convocatoria do pleno extraordinario para evitar que o alcalde renuncie á residencia con centro de día en Riotorto

Riotorto- 26 de agosto de 2013.- Os Partido Popular de Riotorto formalizará este martes a solicitude dun pleno extraordinario e monográfico a través do que buscan forzar ao alcalde a que non renuncie á construción dunha residencia e centro de día público neste concello.

Os populares anuncian, en consecuencia, que non participarán na Xunta de Portavoces que convocou o rexedor local, Federico Gutiérrez Estoa xa que entenden que o lugar onde debe producirse este acordo é na sesión extraordinaria do Pleno municipal solicitada polo PP.

Desde o Partido Popular lembran que si o alcalde non tivo reparos en dar a coñecer a súa decisión de renunciar ao investimento da Deputación de Lugo sen consultar nin consensuar este tema coa oposición, non ten sentido agora que convoque unha Xunta de Portavoces extemporánea.

“O único xeito de que nos sentemos co Goberno local é cando desde a alcaldía se anuncie unha rectificación e, polo tanto, o compromiso firme do Concello de que Riotorto terá unha residencia e centro de día, e se nos asegure que non perderemos o investimento comprometido pola Deputación”-aseguran.

Os populares lembran que si o alcalde agora ten presas por abordar esta decisión ten na súa man acelerar a celebración deste pleno extraordinario “e convocalo de xeito inminente” e lograr un acordo unánime a favor da residencia
Os populares lembran que desde a alcaldía todo foron obstáculos neste sentido xa que nun primeiro momento, cando tiñan o proxecto non se nos informou e en diversas ocasións se solicitou en pleno poder acceder o expediente da compra dos terreos, denegando en diversas ocasións a nosa solicitude , pese a que como oposición a lei outórgalles dereito de acceso ás mesmas, e agora tomando decisións unilaterais de renuncia a este centro de benestar sen ningún tipo de consenso.

O Grupo Popular mantén a súa sospeita sobre a existencia dun pacto dentro do BNG para que o investimento previsto na residencia de Riotorto se traslade e beneficie outro concello da Mariña.

Exit mobile version