Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdG – PSOE de Burela critica a veracidade das informacións difundidas dende o goberno local

Dende o PSdG-PSOE de Burela temos que saír ó paso dunhas informacións feitas nestes pasados días dende o equipo de “desgoberno” de Burela que non fan máis que refrendar a nosa opinión do mesmo.

A primeira aclaración vai en referencia ó anuncio dos traballos de mantemento no campo de herba artificial da Marosa. Á vista da nota de prensa feita non nos cabe máis que pensar que a capacidade da que di ser Concelleira de Deportes nesta faceta é máis que limitada, primeiro porque non parece serio dicir que é que non sabía que os campo de herba artificial precisa dun mantemento, isto xa denota de por si o coñecemento que ten esta Concelleira da área de goberno da que é encargada, aínda que non nos estraña tendo en conta que en dous anos de goberno non foi capaz de reunirse cós clubes deportivos do Concello, ¿que podemos esperar?. Esta señora demostra con estas afirmacións que o mellor favor que lle podería facer ós veciños e veciñas de Burela sería o de irse para a súa casa, e que algunha persoa un pouco máis capacitada se ocupe do deporte de Burela, que boa falla fai visto o abandono ó que está sendo sometido polo “desgoberno” popular de Burela. Outra das cousas que chama a atención é que sabendo como sabían dende fai máis de dous meses as deficiencias que había no campo (todo o mundo que usaba a instalación o sabía e así se comunicou), esperan xustamente a que comecen as pretemporadas de tódolos equipos para quitarlles o uso da instalación, estiveron todo o verán a “velas vir” sen facer nada e cando realmente fai falla a instalación péchana, isto nos parece o colmo do despropósito e demostra, baixo a nosa maneira de entender, a pésima xestión deste equipo de “desgoberno”.

A segunda nova que queríamos comentar son os datos de turismo feitos pola señora Mónica Pedre. Despois de que a principios de agosto fixera público que a Oficina de Turismo de Burela estaba pechada porque a Xunta non dera subvención para ter persoal nela, cousa que ratificou o Sr. Barcia dicindo que non se podía contratar persoal para abrila, nos saca uns datos de ocupación hostaleira e di que se recolleron dende a Oficina de Turismo de Burela, ¿pero como se ían recoller na Oficina de Turismo se estaba pechada?, ¿como é que despois das críticas feitas dende o PSdG-PSOE de Burela se abre a Oficina de Turismo (fai uns días, cando falla unha semana para rematar o verán), si segundo o alcalde e a concelleira non se podía?. Este equipo de “desgoberno” o único que fai é mentir e falsear datos. A nosa pregunta é: ¿Ten datos que podan ser contrastados con rigorosidade a concelleira de turismo dos visitantes que tivemos no noso pobo este verán?.

Á vista destas cousas queda claro que cando nós falamos de “desgoberno” é unha realidade palpable, si queren tamén podemos comparalos có exército de Pancho Villa, có que parece ser hai bastantes similitudes. Este equipo de “desgoberno” vai facendo as cousas en función do que se lle pide dende a oposición, por eles mesmos non son capaces de facer absolutamente nada , e temos moitos exemplos que demostran o que nos dicimos.

Exit mobile version