Site icon Crónica3.com A Mariña

O Real Club Náutico de Ribadeo pon fin á súa XXIII Semana Náutica “Ría de Ribadeo”

O pasado sábado, 17 de agosto, ás 20:00 horas tiña lugar nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo (RCNR) o acto de entrega de trofeos da XXIII Semana Náutica “Ría de Ribadeo” organizada polo RCNR coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Ribadeo, a Asociación de comerciantes y empresarios de Ribadeo (ACISA), e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo (CCA).

O acto contou coa presenza do Concelleiro Delegado de Deportes del Concello de Ribadeo, o Capitán Marítimo de Ribadeo, a Presidenta da Fundación Herederos de la Mar, representantes de NovaGaliciaBanco, Paradores, ACISA, CCA e membros da Xunta Directiva do RCNR.

Non faltaron á cita embarcacións de vela como son o GERLON, TSUNAMI, XELON, 747 do Club Náutico de Foz, 747 do Real Club Náutico de Ribadeo, PABANA, GABITA, MASCALZONE, TITANIUM, BIP, CAPRICHO, RAITÁN, VERIGÜETO, MANESMAN, QQ, VARUNA, AQUILONM AMOR BRUJO, RAS, BARATARIA, IVAMAR, BÓREAS, REIRIZ, TEMERARIO, AQUILES, MONIFACIO e VENTOLIN, participantes consolidados de edicións anteriores.

III Trofeo NovaGaliciaBanco- Crucero Local
Celebrado o mércores 7 de agosto ás 17:00 horas habéndose clasificado no primeiro posto a embarcación VERIGÜETO; o segundo lugar foi ocupado pola embarcación TSUNAMI; e o terceiro clasificado, o 747 do RCNR.

XV Trofeo Deputación de Lugo- Vela Tradicional
Celebrado o xoves 8 de agosto ás 17:00 horas habéndose clasificado no primeiro posto a embarcación BÓREAS; o segundo lugar foi ocupado pola embarcación MONIFACIO; e o terceiro clasificado, o TEMERARIO.

III Trofeo Real Club Náutico de Ribadeo- Campionato Infantil de Pesca
Celebrado o venres 9 de agosto ás 10:00 horas habendo alcanzado o primeiro posto, Diego Prieto Iglesias; en segundo lugar, David Cuesta Martín; e o terceiro clasificado, Marcos Fernández Fernández.

XXIII Trofeo Concello de Ribadeo – Vela Tradicional
Celebrado o venres 9 de agosto ás 17:00 horas habéndose clasificado no primeiro posto a embarcación RAS; o segundo lugar foi ocupado pola embarcación BÓREAS; e o terceiro clasificado, o VENTOLÍN.

XV Trofeo Paradores- Vela Tradicional
Celebrado o sábado 10 de agosto ás 17:00 horas habéndose clasificado no primeiro posto a embarcación TEMERARIO; o segundo lugar foi ocupado pola embarcación BARATARIA; e o terceiro clasificado, o IVAMAR.

II Trofeo Semana Náutica- Crucero Local
Celebrado o domingo 11 de agosto ás 17:00 horas habéndose clasificado no primeiro posto a embarcación GERLON; o segundo lugar foi ocupado pola embarcación CAPRICHO; e o terceiro clasificado, o VERIGÜETO.

XIV Trofeo NovaGaliciaBanco- Vela Tradicional
Celebrado o luns 12 de agosto ás 17:00 horas habéndose clasificado no primeiro posto a
embarcación RAS; o segundo lugar foi ocupado pola embarcación BARATARIA; e o terceiro clasificado, o IVAMAR.

II Trofeo ACISA- CCA- Crucero Local
Celebrado o martes 13 de agosto ás 17:00 horas habéndose clasificado no primeiro posto a embarcación 747 do Club Náutico de Foz; o segundo lugar foi ocupado pola embarcación TSUNAMI; e o terceiro clasificado, o CAPRICHO.

I Trofeo Escolas de Vela- RCNR- Optimist
Fora de programa, o sábado 17 de agosto ás 12:00 horas, e como recoñecemento ó esforzo dos participantes nas Escolas de Vela impartidas polo Real Club Náutico de Ribadeo celebrouse a primeira edición desta regata no que alcanzou a primeira posición Carolina López; o segundo lugar foi ocupado por Ramón Bustelo; e o terceiro clasificado, Julio López.

Cabe destacar, o compromiso do RCNR coas Escolas de Vela para que a partir deste
momento se potencie o desenvolvemento das mesmas así coma a participación do RCNR nas distintas regatas que permitan, pouco a pouco, a consolidación dun equipo de regatistas que defendan a bandeira do Club nas distintas competicións.

Exit mobile version