De feito, esta mañá os edís de Deportes, Luis Guillén, e o de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, o xefe de Protección Civil e outros efectivos do servizo municipal de emerxencias, o secretario do Club Deportivo San Ciprián, Manel Leal e o delegado de piragüismo do club, Javier García Garza desprazáronse ata o encoro de Río Covo para concretar os últimos detalles deste dispositivo especial que se porá en marcha “co obxectivo de garantir a seguridade de todos os participantes e asistentes a esta proba” destaca Guillén.
Con este obxectivo, e para atender calquera situación que se poida dar, mobilizarase a persoal de emerxencias tanto en auga como en terra baixo a coordinación servizo municipal de Protección Civil.
Ao mesmo tempo, hai que lembrar que esta regata se celebra en Cervo grazas ao traballo do Club Deportivo San Ciprián, que organiza a proba. Ademais, Guillén destaca a calidade das instalacións deportivas do encoro de Río Covo “que fan posible a práctica de piragüismo así como o desenvolvemento de probas coma esta”.