Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro sábado día 10 Rinlo celebra a X Festa do Percebe

cartel-percebeXa está todo listo para que o vindeiro sábado, día 10 de agosto, a parroquia ribadense de Rinlo celebre a décima edición da Festa do Percebe.

Segundo afirmou o rexedor local, Fernando Suárez Barcia, a festa responde á vinculación que ao longo da historia mantivo Rinlo co mar e que aínda hoxe mantén con esta festa. Ademais de exaltar o percebe en sí, pon en valor o duro traballo que levan a cabo as mariscadoras no seu día a día.

Será a partir das doce do mediodía cando se comezarán a repartir as racións, a un prezo de 12 euros o cuarto de quilo, dos centos que as percebeiras están a apañar para a ocasión. Ademais irán acompañadas dunha taciña conmemorativa na que poder degustar o viño que acompañe ao marisco. Dende a alcaldía apostan pola calidade do produto “que non ten nada que envexar a ningún outro da mellor calidade”.

A festa estará amenizada dende a mañá por grupos de gaitas e diferentes actuacións musicais na tarde que para facer desfrutar ós milleiros de visitantes que se espera que esta fin de semana se acheguen ata Rinlo para degustar este manxar.

A cita está organizada polas propias mariscadoras da cofraría de Ribadeo e colaboran o Concello, a Deputación, e os distintos locais hostaleiros da parroquia.

Exit mobile version