Site icon Crónica3.com A Mariña

O xoves 22 de agosto inaugurarase a I Feira de Mostras Multisectorial e Salón do Automóbil de Foz

Foto presentacion feria muestras Foz  (1)Foz, 20 de agosto de 2013. Todo está listo na explanada portuaria de Foz para a celebración da I Feira de Mostras Multisectorial e Salón do Automóbil que terá lugar do 22 ao 25 de agosto. A inauguración será o xoves ás 14 horas.

Arredor de 80 expositores de Galicia e Asturias daranse cita nun evento no que estarán presentes a gastronomía, as antigüidades, a artesanía, a música, a moda, o comercio, os servizos ou o ocio. Os máis pequeños contarán cunha zona infantil na que disfrutarán de diferentes propostas. A Deputación de Lugo, o Concello de Foz ou a Ribeira Sacra contarán con stand institucional. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz tamén estará presente ofrecendo información das actividades que organiza ao longo do ano ou da súa tarxeta de fidelización do comercio.

O prezo da entrada para os adultos será de 2 euros, terán dereito a unha consumición e participarán no sorteo diario de cheques regalo por importe de 100 euros. Os nenos non pagan.

A gastronomía terá unha presenza moi importante na Feira de Mostras Multisectorial de Foz. Finca Galea organizou unhas xornadas de produtos da ría, así coma unha festa de viños galegos na que estarán presentes diferentes albariños, mencías, godellos… O polbo tamén poderá degustarse os catro días de feira, que contarán coa presenza dun experto pulpeiro.

E no Salón do Automóbil estarán presentes firmas coma BMW, Peugeot e Ford, que exporán os últimos modelos do mercado.

O obxectivo da I Feira de Mostras Multisectorial e Salón do Automóbil “é revitalizar o tecido económico de Foz e potenciar a zona portuaria”, segundo explican José Carlos Paleo, presidente de ACIA Foz, e Ángel Rojo, organizador e responsable de ConoceFerias.

ACIA Foz estima que entre 7.000 e 10.000 personas pasen pola Feira Multisectorial do 22 ao 25 de agosto.

Exit mobile version