Por COÑECER, o presente, pasado e futuro da nosa historia. A artesanía é outra forma de contar a historia dun pobo e é unha parte viva do patrimonio cultural mariñano. Por SENTIR, a creación nas tuas mans. Proponse unha interacción educativa, emocional, social e participativa, nas que te sentirás creador e artesán. Por APRENDER, pois raramente cando compras un obxeto feito a man, podes ver cómo se elaborou. Por DESCUBRIR, unha paisaxe escondida, unha natureza por conquistar. Este é o entorno que rodea os nosos artesáns en A Mariña. Ó longo das Rutas descubrirás lugares increíbles, que che farán ver o territorio cunha mirada diferente. Por ESCOITAR… o son da artesanía. Non so do entorno xirando, do xunque golpeando o ferro, da serra sobre a madeira… Se non tamén a sua historia, desas historias que soio os nosos artesáns che descubrirán dunha maneira especial, en primeira persoa, de cómo chegaron a ser ARTESANOS DE A MARIÑA.
Dende onte ata o 15 de Agosto, un grupo de artesans do norte lugues expoñen os seus traballos en REGAl na praza Fontenova de Viveiro, son ; Pilar Maravalla, Bisutería en arcilla polimérica (Ribadeo), José Rodil, Ferreiro de navallas (A Pontenova) Lucía Catuxo, Cerámica (Trabada) ,Chus Lage, Alfareira (Mondoñedo), Alfonso Otero Regal, Ceramista (Viveiro), Estéfano Gudín , Ceramista ( Cervo), Asociación Redeiras Casbo Burela, redeiras (Burela), Miguel Fernández , Carpinteiro (Mondoñedo) ,Dosita Cao Basanta, Arte floral (Burela), Francisco Fra, Carpintero de Ribera (San Ciprián), Félix Paz, tornero de madera (Alfoz), Mª Luz Méndez, Encajes de Bolillos (San Ciprián), Regina Lorences, Restauradora (Mondoñedo).
“Detrás de cada artesan hai unha vida, unhas circunstancias, unhas decisións, unha forma de entender a profesión. Algo que os fai diferentes e irrepetibles, como a sua obra. E diante, todo un mundo no que perderse, paisaxes polas que viaxar e descubrir os seus talleres, lugares que encerran toda a maxia de Galicia, toda a maxia de A Mariña Lucense”.
Otero Regal