O Concello de Ribadeo en colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Mariña organiza novos obradoiros gratuítos para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Estas actividades desenvolveranse o vindeiro xoves 22 de agosto na Casa do Viejo Pancho. As prazas son limitadas, polo que os interesados pódense inscribir no teléfono 982 129 889 ou na OMIX. Os participantes, que deberán levar unha tesoira, un pincel fino, 2 CDs para reutilizar e un tapón de cortiza, dividiranse en dous grupos: un de 11.00 a 12.15 e outro de 12.20 a 13.30 h.