Lugo, a 15 de agosto de 2013. O grupo OS MINHOTOS presentará este luns, 19 de agosto, o seu traballo discográfico PINGA D´AUGA na XII edición da Semana Internacional de Müsica y Folklore da Caridá (El Franco – Asturias). O concerto comenzará ás 22:30. OS MINHOTOS interpretarán, entre outros, os temas do seu disco PINGA D´AUGA. Despois do concerto de OS MINHOTOS actuará a intérprete de tonada asturiana Anabel Santiago.
A Semana Internacional de Müsica y Folklore da Caridá está organizada pola asociación cultural «Arcángel San Miguel» e comenz este venres, 16 de agosto, en La Caridad. Durante a semana actuarán un total de nove grupos at ao día 20 de agosto. Todas as actuacións serán na praza fronte ao concello de El Franco, e comenzarán ás dez e medía da noite. En caso de chuvia, las actuacións rasladaranse ao auditorio franquino de As Quintas.
O venres, 16 de agosto, actuarán a agrupación folclórica «Saiñas de Xove» e o grupo bielorruso «Suzorie». O sábado será o turno da banda de gaitas local «El Acebro» e do grupo «Tenada», que procede de León. O domingo a actuación correrá a cargo do grupo «Candilejas», procedente de Torre del Mar (Málaga), e repetirá «Suzorie». O luns, 19 de agosto, actuarán OS MINHOTOS e a intérprete de tonada asturiana Anabel Santiago, o martes pechará a programación cun concerto do grupo folk franquino «Cádaba» e o cantautor asturiano Jerónimo Granda.
Un total de doce temas compoñen este traballo discográfico que pretende ser, como o nome do mesmo indica, “unha pinga minhota que contribúe a crear ese inmenso mar das músicas feitas neste país”. Moitos dos temas interpretados por OS MINHOTOS son arranxos de temas tradicionais pero tamén hai temas de autor e colaboracións de instrumentistas procedentes de diversas formacións.
OS MINHOTOS combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio e variado e alterna a música de autor coa tradicional.
OS MINHOTOS é o resultado do aprecio de cinco músicos galegos pola música do seu País, Galiza; sen aditivos tanto na forma coma no fondo.
Os compoñentes de OS MINHOTOS son:
· Alberto Castro: Gaita, Pandeiro, Pandeireta, Bombo
· Bruno Villamor: Gaitas (Re, Do, Sol), Zanfona, Requinta, Pandeireta, Tamboril.
· Paula Fernández: Acordeón.
· Vitor Otero: Zanfona, Gaita, Percusións.
· Xaneco Tubío: Tamboril, Pandeiro, Pandeireta, Tixoletas, Ferriño, Bombo.