O día 2 de agosto o PP de Viveiro emitía unha nota de prensa publicada en distintos medios sobre a posibilidade de que a gardería non estivese aberta en setembro para o normal inicio do curso. E, dende un dos medios, a concelleira socialista Covadonga Viamonte, rapidamente afirmaba que o día 2 estaría aberta, sorprendéndonos esta rápida e contundente afirmación.
Unha vez máis o alcalde e o seu equipo enganan a todo o mundo: ó Pleno Municipal, ás empresas e persoas interesadas no concurso da gardería, na súa maioría veciños de Viveiro que teñen o ánimo de emprender unha iniciativa empresarial en igualdade de oportunidades e que levan meses traballando nos seus proxectos para a gardería confiados na palabra do alcalde e, en definitiva, a todos os veciños e veciñas de Viveiro. Moito nos tememos que o equipo de goberno xa tomara a decisión unilateral de optar pola xestión directa ou a concesión a dedo, a pesar de anunciar no mes de outubro de 2012 (véxase sección A Mariña de El Progreso): ”el Concello sacaría a concurso de nuevo la guardería en 2013”. Esta decisión supondría que el ayuntamiento tendría que hacerse cargo de todos los costes y en consecuencia de los costes de personal”.
Novamente asistiríamos ó incremento do persoal municipal pola porta de atrás e dun modo dixital; o Concello asumiría todos os gastos de persoal, así como los gastos de agua, luz, teléfono, mantemento, etc, co que poría en risco a xa delicadísima situación económica do noso Concello, así coma o cobro das nóminas do persoal xa existente.
Dende o PP de Viveiro denunciamos a pésima xestión do alcalde e o seu equipo de goberno cando se trata de xestionar servizos municipais, así se recordamos algúns episodios recentes vemos como se lles retira a concesión do Porto Deportivo por numerosos incumprimentos; dende que asumen a xestión directa da piscina esta xera déficit; o matadoiro municipal pechado e sen perspectivas de que volva a abrir; os traballadores de aparcamentos A Mariña sen cobrar as súas nóminas durante varios meses e nalgunha ocasión tamén se puxo en risco o cobro das nóminas do resto do persoal municipal, e agora tócalle a quenda á Gardería Municipal. Como podemos comprobar un cúmulo de despropósitos que se traducen nunha simple palabra: desastre, porque así é a súa xestión, desastrosa.
Dende o PP de Viveiro cremos que se isto se leva adiante desta maneira, estaríamos ante un escándalo maiúsculo, xa que nos marearon a todos os membros do Pleno co asunto dos pliegos (se din que non os hai estarían mentindo como bellacos), dado que o Sr. Alcalde asinou toda a documentación no mes de febreiro, data na que xa estaba listo o estudo económico que na posterior comisión de benestar social do 17 de xuño non lle serviu ó Sr. Alcalde ( a pesar de ter tres meses para revisalo) e o que motivou que quedase sobre a mesa para unha posterior comisión, en espera de realizar un novo estudio económico, a pesar de que o documento RC (retención de crédito necesario para o servizo durante o 2013) foi firmado por intervención o 1 de febreiro.
Hai que sinalar que ademais das nosas peticións sobre este asunto, se formulou nun Pleno unha pregunta ó respecto, contestando o Sr. Alcalde que faltaba un pequeno detalliño para traer a Pleno o pliego de contratación da Gardería Municipal, o que demostra que en ningún momento dende a alcaldía se tivo a vontade de sacala a concurso, senón que o plan orquestado dende o partido socialista de Viveiro era deixar pasar os prazos, para finalmente poder outorgar a concesión a quen eles e so eles decidan, decisión que de producirse, sería cando menos arbitraria, inxusta e alegal, senón completamente ilegal.
Enganáronnos a todos e van volver a facelo que mellor saben, que é enchufar ós seus amiguetes para ganarse o voto, un claro exemplo de política clientelista moi do gusto don oso Alcalde e o seu equipo. Un modo de actuar irresponsable onde pouco ou nada preocupa o servizo que se vai prestar, nin os custes económicos que se xeren, dubidando pola nosa parte de que esta xestión directa sexa asumible polo Concello.
O PP de Viveiro asiste por enésima vez, a una mostra da deixadez, a inoperancia, a mala xestión e o amiguismo deste alcalde e o seu equipo de goberno, onde o lema parece ser “para mis amigos champán y turrón y para el resto legislación”.