Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas bureleses denuncian o estado do punto limpo

punto limpoDende o PSdG-PSOE de Burela queremos denunciar o estado no que se atopa o que debería de ser o “punto limpo” do Concello. Este punto limpo que está situado a carón do cemiterio municipal parece máis un vertedoiro incontrolado que o que debería de ser un punto limpo como tal.
As imaxes que axuntamos son do martes día 27 de agosto e mostran ben ás claras da situación de abandono e sucidade na que se encontra o que debería de ser o punto limpo.
Dende o PSdG-PSOE o que queremos pedirlle ó equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela é que atendan o Concello como este require xa que, como se pode comprobar o abandono do pobo é total en tódolos eidos e cada día que pasa é máis palpable que o “desgoberno” Popular de Burela é unha nave á deriva cun capitán que abandona á tripulación sabendo que esta non vale para navegar sola.
A ver si seguen na liña de atender as nosas suxerencias e solucionan a situación polo ben dos veciños e veciñas de Burela.

Exit mobile version