Site icon Crónica3.com A Mariña

Pensamento e Sementeira entregará no Concello 1.000 sinaturas reclamando un carril-bici en Viveiro

O Colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA entregará a vindeira semana no Concello un escrito asinado por 1000 persoas no que se reclama das Administracións competentes un carril-bici en Viveiro.

Considera o Colectivo que recolleu as asinaturas que tanto a Xefatura de Costas como o Grupo de Portos deben porse dacordo co Concello para proxectar unha ciclovía que comunique as parroquias do Concello coa Vila. Entenden que nunha primeira fase sería doado comunicar Celeiro e Covas co casco histórico pois existe espazo suficiente para trazar un carril-bici e tanto Costas como o Grupo de Portos deben ter en conta isto á hora de facer reformas nos paseos de uso público que son da súa competencia.

Esta fase de recollida de asinaturas deu comezou cunha Bicifestación que percorreu o paseo marítimo de Covas en xuño pasado. O colectivo tamén convocou outras actividades dentro desta programación como unha excursión polas Covas de Covas (a da Doncela e a de San Xoán Vello) e un paseo polo Souto da Retorta, onde o músico David Bellas agasallou aos participantes cun fermoso concerto de pezas da súa autoría.

PENSAMENTO E SEMENTEIRA vai programar unha segunda fase desta campaña para reclamar a ciclovía que dará comezo o vindeiro mes de setembro.

Exit mobile version