
O mércores 14 de agosto, os nenos que participan nos Campamentos de Verán de Alfoz participaron na campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata”, organizada pola Concellería de Medio Rural e Pesca da Xunta de Galicia. Puideron saborear bocatas de mexilóns, sardiñas enlatadas, etc. Os Campamentos finalizan o vindeiro venres, día 16 de agosto. As actividades estiveron dirixidas por Mirta García e Tamara Casabella.