Site icon Crónica3.com A Mariña

Pre Ribadeo Players no Moma

O Ribadeo Players nace no 2011 coa intención de difundir música feita na vila e cultura urbana mediante obradoiros infantís e exhibicións artísticas na rúa. A edición deste ano terá lugar o 7 de setembro dende primeira hora da tarde na praza de España. Máis información en facebook.com/RIBADEOPLAYERS. O venres 23 de agosto haberá unha prefesta no Moma dende as 23.00 horas cun prezo da entrada de 5 euros con dereito a unha cervexa e a diferentes sorteos (5 bonos de 2 persoas para descensos en canoa polo Eo, un longboard edición limitada de 2con7 e unha bodyboard de HolaOla Ribadeo). Participarán: Dj. DR aka GameBoy (Reguerines Fest / Dubstep & Bassmusic), Dj. Pimp (4 x DMC Spain Champion / Top 5 WORLDWIDE DMC 2010) e Igor (Banana Proyect / Tech House) e os graffiteiros Pose (Ribadeo).

Exit mobile version