Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentados os equipos infantil, cadete e xuvenil das E.D. Lourenzá Mondoñedo

Imagen 008Este martes foron presentados en Santa Cruz os equipos infantil, cadete e xuvenil das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo. Os infantís e xuvenís competirán en Liga Provincial de Fútbol e os cadetes participarán na Provincial de Fútbol Sala das E.D. Lourenzá Mondoñedo. No acto estiveron presentes os presidentes do Lourenzá, Pablo Maseda, e do Mondoñedo, Manuel Barreira.

Os infantís que quedaron subcampións de liga e disputaron a previa do ascenso á Liga Galega continuarán baixo as ordes de Brenan Rivas e con Juan Otero como delegado. Os xuvenís tamén seguirán sendo adestrados por Javi Chinchón e coa figura de David Garrafín como 2º adestrador e preparador físico. Os cadetes seguirán tamén con Ramiro Chao á fronte.

A principal novidade este ano será que os equipos adestren indistintamente tanto nas instalacións de Santa Cruz (Lourenzá) como no Viñas da Veiga (Mondoñedo) para tratar de manter nas mellores condicións posibles ambos terreos de xogo.

Exit mobile version