-10:00 HORAS: TALLER DE MANUALIDADES E RECICLAXE. Desenvolto na Aula de Formación do Concello a partires das 10:00 horas. Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concello da Mariña Luguesa en colaboración co noso Concello, o taller dirixido a nenos/as de idades entre 4 e 12 anos contou con 15 nenos/as participantes. Foi impartido pola monitora da Mancomunidade Mª Luz Pérez.
-16:00 HORAS: ACTUACIÓN DO MAGO CHRYSTYAN MAGIC CO SEU ESPECTÁCULO “NA SENDA DA SERPE ALADA”. Este espectáculo de maxia, dirixido en especial a nenos/as, pero aberto a familias e a todo tipo de público, realizouse no Salón de Actos do Centro Cívico. Esta actuación é a terceira e última incluída dentro do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia contou coua asistencia de 107 espectadores.
-17:00 HORAS: FESTA INFANTIL CON DIVERNENO. Con moitos xogos e inchables, realizouse na Praza do Centro Cívico.