Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou a ocioteca de verán en Burela

310813 Foto ocioteca BurelaEste venres 30 de agosto rematou a súa actividade a ocioteca de verán que organizou a Concellería de Medio Ambiente de Burela. Para poñer fin á mesma houbo unha festa e realizáronse xogos por parte das monitoras de Gaia e dos 15 monitores do curso de animador turístico do centro de formación ocupacional burelés, coordinados pola súa profesora: Beatriz. A festa comezou ás 11 e rematou ás 13:30 horas nas instalacións do Ceip Vista Alegre, onde tivo lugar a ocioteca durante o verán. Os 35 nenos e nenas participaron vestidos con pixamas e xogaron ao paracaídas e á oca con pistas e probas, fixeron manualidades e remataron cun pequeno pincheo e xeados. A concelleira Patricia López Eijo agradece “a colaboración dos pais do alumnado, dos monitores e da súa profesora, e tamén por suposto das monitoras de Gaia, que se encargaron da ocioteca durante todo o verán e ás voluntarias Sonia Fernández e Elisabet Rodríguez, que colaboraron desinteresadamente nesta iniciativa”.

Exit mobile version