Segundo lembra a concelleira de Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, “esta iniciativa está incluída dentro do proxecto de redución do abandono escolar”. A edil nacionalista tivo palabras de agradecemento para as seis voluntarias que se encargaron de impartir as clases neste 2013 “porque nos prestaron o seu tempo de lecer para unha causa tan altruísta coma esta”.
Os rapaces e rapazas que estiveron en Construíndo o verán o pasado venres realizaron unha viaxe en tren entre Ribadeo e Barreiros. González Piñeiroa sinalou que “xa que noutras edicións realizamos unha viaxe en barca pola nosa ría, nesta ocasión quixemos innovar un pouco e visitar outras zonas da comarca”. Unha vez que a expedición chegou ao apeadeiro de Barreiros foron camiñando ata a ermida de Santo Estevo do Ermo e visitaron a fervenza. A concelleira de Servizos Sociais explicou que “despois disfrutamos dun xantar saudable e os rapaces e rapazas participaron en varios xogos. O que tentamos tamén foi poñer en valor a riqueza cultural que supón a presenza de tantas nacionalidades neste programa de apoio escolar”.