Site icon Crónica3.com A Mariña

Segunda representación do grupo de teatro Ollomao en San Miguel

os vellos non deben namorarseAs persoas que forman parte do grupo de teatro Ollomao así coma moitas voluntarias e voluntarios traballan arreo durante a xornada do mércores para convertir o pavillón do Colexio de San Miguel de Reinante nun auténtico auditorio. É a segunda vez que o recén creado grupo de teatro representa a peza “Os vellos non deben de namorarse” en Barreiros, con case 700 persoas asistentes na primeira ocasión, no pasado mes de xaneiro. As entradas, cun coste de 5€ destinados a facer fronte aos gastos derivados da montaxe e infraestructura precisas, foron postas á venda por anticipado. Ao redor da metade das entradas dispoñibles para completar o aforo foron xa vendidas, e as restantes serán postas á venda na taquilla o mesmo día da función a partir das 21:30h. Asimesmo, todas as persoas interesadas poderán adquirir as entradas por anticipado ata a tarde do xoves nos puntos de venda anticipada xa establecidos.

Exit mobile version