Site icon Crónica3.com A Mariña

Simulacro de salvamento e agresión con arma branca na area

Foto simulacro 1A praia ribadense das Catedrais foi escenario na mañá deste venres de dous simulacros. Un de salvamento, no que unha persoa estaba supostamente a punto de afogar. Neste dispositivo participaron os socorristas e unha ambulancia que en 15 minutos chegou desde Foz a ese areal. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explicou que “cando a ambulancia chegou ás Catedrais tivo que atender a unha persoa que acababa de sofrir feridas ao caer polas escaleiras de acceso á praia. É dicir que ían para un simulacro, pero ademáis tiveron que atender un caso real”. E outro simulacro foi o dunha suposta agresión con arma branca. A Policía Local de Ribadeo empregou 7 minutos en desprazarse desde a vila ata As Catedrais. Máis tarde tamén se realizou un simulacro de salvamento na praia de As Illas/Castros.

Exit mobile version