Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro nas Rodrigas, Riotorto

O adro da igrexa das Rodrigas, en Riotorto, será o escenario elixido para representar a peza ‘Auto de Entroido’, de Manuel Lourenzo, adaptada e dirixida por Rosalía Quelle. Trátase dunha mostra aberta ao público a partir do curso de formación “Ponte en escena” das accións formativas do proxecto Buxiganga 2013. A representación terá lugar o sábado 31 de agosto ás 20.00 horas.

Exit mobile version