Site icon Crónica3.com A Mariña

Todos os concellos da Mariña benefícianse das axudas concedidas pola Vicepresidencia da Deputación para a prestación do SAF

A Mariña, 20 de agosto de 2013. 819 mariñáns beneficiaranse das axudas aprobadas pola Vicepresidencia da Deputación Provincial e destinadas a financiar os gastos correntes do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico correspondentes a  anualidade 2013. Todos os concellos da Mariña recibirán estas axudas que foron concedidas en base a criterios obxectivos nunha mesa técnica formada por funcionarios e representantes dos tres grupos políticos con representación na institución e que supoñen un investimento de máis de 220.000 euros para a comarca.

Grazas a esta liña de subvencións, os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar básico poderán seguir sendo atendidos despois de que, un ano máis, o Goberno galego, deixara á marxe do convenio de Servizos Sociais e Comunitarios á provincia de Lugo tras negarse a negociar a súa cofinanciación con esta Deputación. Deste xeito, de forma reiterada, os concellos con menos de 20.000 habitantes volven quedar discriminados, sendo privados de servizos sociais e comunitarios, básicos para centos de persoas.

Fronte ao Goberno do Estado e a Xunta de Galiza, que se dedican a aprobar políticas que dinamitan os dereitos da poboación e en especial dos veciños e veciñas do rural galego, desde a Vicepresidencia da Deputación estase a demostrar que en época de crise tamén é posíbel facer políticas sociais destinadas aos colectivos máis desfavorecidos. Un ano máis, os usuarios do Servizo de Teleasistencia da Mariña recibirán cero euros do Goberno galego e  e máis de 224.935 da institución provincial.

Con esta medida, non só se garante a continuidade da prestación do Servizo de Axuda no Fogar básico e se evita que o custe recaia nos usuarios e usuarias, senón que tamén se garante o emprego de centos de persoas, un total de 2.000 en toda a provincia de Lugo. Apostar polas políticas sociais é, tamén, apostar polo mantemento e a creación de emprego; a economía de benestar debe ser  unha das vías  para superar o momento económico actual.

Aprobación de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a gastos correntes do Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de prestación básica para a anualidade 2013 na comarca da Mariña.

CONCELLO

SUBVENCIÓN

ESTIMACIÓN

USUARIOS/AS PARA 2013

ALFOZ

7.352

44

BAREIROS

8.235

62

BURELA

16.790

41

CERVO

4.737

21

FOZ

6.618

33

LOURENZÁ

5.618

36

MONDOÑEDO

16.183

58

MURAS

7.254

26

OUROL

9.345

28

A PONTENOVA

1.774

9

RIBADEO

21.575

87

RIOTORTO

13.861

20

TRABADA

8.661

18

O VALADOURO

7.918

51

O VICEDO

8.485

32

VIVEIRO

40.457

145

XOVE

40.868

108

TOTAL

224.935

819

Exit mobile version