O DVD foi elavorado e editado por Carmen Porteiro e financiado pola Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, área de Deporte.
Trátase dunha magnifíca montaxe das carreiras e entregas de trofeos, tanto das categorías infantiles como das adultas. Este DVD será de gran interese para os participantes nas carreiras, xa que se tratou dunha proba que se saiu dos moldes da típica carreira popular, o que así o reflexa os comentarios dos participantes ó remate da carreira.
Para a presentación do DVD contouse coa presenza de Cristóbal Rodriguez, campión de España de péntatlon moderno, que actualmente reside no centro de alto rendemento de Sant Cugat en Barcelona. A organización quere agradecerlle a súa presencia neste acto.
Ademais estiveron presentes os organizadores da carreira, a editora do DVD, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Veiga, ademais de numeroso público e colaboradores da carreira.
O DVD foi posto á venda ó prezo de 5 € e estará dispoñible no Café Bar Moderno de Ribadeo, no correo electrónico xose9@hotmail.com e na web http://carreirapopulardasprais.jimdo.com/.
Ademais, aproveitouse a ocasión para confirmar a data da II Carreira popular das praias, que terá lugar o 17 de maio de 2.014 e que consistirá nun percorrido similar ó da I edición.