
O pasado venres realizouse na praia do Portelo, en Burela, unha actividade denominada Uso responsable das duchas no areal, organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Burela, a través do centro de educación medioambiental Gaia. Os nenos e nenas que acudiron a esta cita estiveron acompañados das monitoras de Gaia, que lles deron algunhas recomendacións para reducir o consumo de auga e crear unha concienciación colectiva sobre o seu aforro e o coidado ambiental: “entre estes consellos, estiveron: a prohibición do uso de produtos de aseo nas duchas e lavapés; o coidado e protección da auga, un ben escaso do que debemos facer un uso responsable; ou que as duchas non son un lugar para xogar”.