Site icon Crónica3.com A Mariña

Veladas de Teatro no Souto e Express-arte en Cervo

Dende o 1 ao 4 de agosto, ás 21:30 horas, con entrada libre e gratuíta á Praza do Souto de Cervo, onde haberá carpa para o público, celebraranse as XIII VELADAS DE TEATRO NO SOUTO e a VI EDICIÓN DE EXPRESS-ARTE. O xoves abrirá o telón o cantautor focense Tono Alonso cun breve, pero emotivo recital. A cotinuación o grupo teatral Raiolas de Alfoz levará a escena a peza O Chufón, orixinal de Jesús Rodríguez López e dirixida por Luís Miguel Yáñez. O venres 2 de agosto o poeta viveirense Jaime Oroza tamén ofrecerá un recital poético antes de dúas curtas funcións teatrais a cargo de Teatro Crea con “El retablo de las Maravillas de Miguel de Cervantes” e o Teatro Artesán de Sada con “A farsa do señor correxidor de Alejandro Casona” dirixida por Juan de Mondego. O sábado 3 de agosto abrirá o espectáculo Carlos Mariña, cantautor do Valadouro, para dar paso ao grupo de teatro A Rabela de Baralla que representará “A miña sogra é incríble”, orixinal de José Escrivá. E o domingo 4 de agosto comezará a xornada cun concerto musical a cargo de Ramón Ramos Trigo, grande vocalista das míticas orquestras Pena e Iris do Valadouro, acompañado ó acordeón de Toñito de Rúa. Clausurará a edición o grupo de teatro O Bordelo de Cervo coa obra escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.

Exit mobile version