O Concello do Vicedo, en colaboración coa Área de Deportes da Deputación, organiza a sexta edición deste trofeo de fútbol que se celebrará o sábado 17 de agosto a partir das 17.30 horas co enfrontamento entre a U.D. Folgueiro e o Ortigueira F. C. Posteriormente mediranse o C.D. Foz e o S.D.R. Sacido. Ás 19.30 horas xogarase o partido que determinará o terceiro e o cuarto posto, mentres que a final será ás 20.30 horas.