Site icon Crónica3.com A Mariña

O focego xastrico

O focego xastrico

Hai 70 anos (1943) estreábase no Gran Teatro de Lugo a zarzuela galega “Non chores, Sabeliña”. Os autores de libreto e música foran o escritor e xornalista don Xosé Trapero Pardo e o mestre Gustavo Freire, que da nome ó Auditorio da cidade. O elenco artístico formábano os coros “Cantigas e Agarimos” e “Frores e Silveiras”. Era éste o primeiro libro en galego editado despois da guerra civil, O éxito fixo que as representacións se sucederan por Galicia adiante .O argumento é sinxelo: unha versión do tema, tan vello e sempre novo, duns quereres de xuventude. Don Xosé Trapero foi un focego de adopción: aquí veraneou 67 anos consecutivos, publicou centos de artigos sobre a vila, os seus engados e atractivos; personaxes populares, a historia entrañable do pobo, que tan ben coñecia; as traxedias do noso mar…Nun recanto do campo da feira, un grupo de mozas, cada unha diante a súa cesta con ovos, manteiga, galiñas,,etc., para a venta… as rapazas entoan unha cantiga : “Ai, San Antonio / dame un mozo guapo/ da feira de Meira / da feira de Castro…” Entra Xastrico en escena: “¡Tamén tedes bó gusto!¿Por qué ha ser o rapaz de Meira ou de Castro?. Eu non son daí que son de Marzán, xunto de Foz; pero¡guapo! á vista está…!” Don Xosé introduce na peza costumista, de ambiente campesiño, un elemento próximo ó mar; pero non netamente mariñeiro, evitando o exotismo. Acaso por eso o sitúa en Marzán, onde de sempre se alternaron os labores do campo cos do mar, o que fixo decir a Manuel María, “as redes mariñeiras a enxugar están/ no medio das medas e os medeiros do pan”. En maio de 1992 foi reposta “Non chores, Sabeliña” polo Orfeón Lucense, á que asistimos na compaña do autor, Trapero. Cando saíamos da mesma, no Auditorio Gustavo Freire, preguntamos ó mestre:,¿por qué nunha obra que transcorre na chaira luguesa introduce un elemento ( Xastrico) da beiramar?.Respostou: ” Dalgún xeito Foz tiña que estar na miña zarzuela…” Unha mostra mais do agarimo que o ilustre intelectual sentía polo noso pobo.

Suso Fernández

Exit mobile version