Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña pon en marcha un curso sobre xestión e coidado do horto ecolóxico

Este luns 16 de setembro, comeza o curso de “Xestión e coidados do horto ecolóxico” na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.

O curso, financiado pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Fondo Social Europeo, comprende un total de 44 horas ( dende o 16 ao 30 de setembro) nas que 10 usuarios do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Ribadeo recibirán formación teórico-práctica para poder organizar un horto ecolóxico (distribución de cultivos, semente, coidados posteriores,…).

Ademais de adquirir novos coñecementos, os participantes nesta acción formativa mellorarán o seu currículum vital de cara a aumentar as súas posibilidades de inserción socio laboral.

Todo iso redunda na mellora terapéutica dos nosos usuarios, a mellora da súa calidade de vida e a súa autoestima, tendo en conta que falamos dun colectivo con enfermidade mental crónica.

Exit mobile version