Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación O Burgo de Trasbar pon en marcha as súas actividades abrindo os prazos de inscrición

O Burgo de Trasbar abre o prazo de inscrición para as súas actividades dende o día 21 ata o día 29 de setembro para as seguintes actividades: campionato de tute, gratis para os socios e cunha cota de 10 euros para os que non son socios; campionato de parchís, nas mesmas condicións; bailes de salón, por 25 euros ao mes cada parella; e tamén para o curso de piscina.

A inscrición pódese facer a través do correo electrónico da asociación (burgodetrasbar@yahoo.es), no local social ou poñéndose en contacto con calquera dos membros da Xunta Directiva.

Para tales efectos, realizará a apertura do Local Social a partir do sábado 21 de setembro todas as fins de semana. O horario dos sábados é a partir das 18.00 h e o dos domingos a partir das 17.00 h.

III Subida ao Monte Cabaleiro
A terceira subida ao Monte Cabaleiro será o domingo 22 de setembro con saída prevista para as 10.00 h desde o local social. Esta actividade é gratuíta. Recomendamos levar roupa e calzado cómodos e algo de comer para xantar no camiño.

Número premiado
A asociación de veciños do burgo de Trasbar, co fin de colaborar coa Comisión de Festas da Romaría da Santa Eufemia, puxo á venda rifas para o sorteo de 500 euros. O número da papeleta deberá coincidir coas catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo da ONCE do día 16 de setembro, que foi o 98339. Buscamos ao posuidor da rifa que teña o número 8339 para facerlle entrega do premio de 500 €. Pode poñerse en contacto con nós a través da conta de correo burgodetrasbar@yahoo.es ou no teléfono 625 081 637.

Exit mobile version