Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Burela acollerá dous novos cursos de informática dende o 30 de setembro

Burela, 23 de setembro de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá dous novos cursos de informática impartidos polo Concello de Burela, que dará comezo o vindeiro luns.

O 30 de setembro comezan dous novos cursos de Iniciación ao Procesador de Texto 2, nos que se continuará coa ensinanza sobre tarefas máis avanzadas no Libreoffice Writer. Estes cursos están dirixidos a persoas con coñecementos básicos de informática e de procesador de textos.

O primeiro deles será impartido de 11:00 a 12:30 horas e rematará o 11 de outubro e o segundo será impartido de 16 a 17 horas e rematará o 24 do mesmo mes.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es.

Desde a Aula CeMIT lembran que os usuarios poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula, en horario de mañá de 12:30 a 14:00 horas e en horario de tarde de 18:00 a 19:30 horas.

Exit mobile version