Site icon Crónica3.com A Mariña

A base burelista estréase en Vista Alegre

A estrutura de base do CD Burela FS Pescados Rubén estrearase esta fin de semana en Vista Alegre cunha axenda de seis amigables. Despois dos desprazamentos de Xuvenil a Vilalba e Infantil A e Cadete A a Meira a semana pasada, este será o primeiro compromiso do curso para Benxamín, Alevín, Infantil B e Cadete B.

O Azkar Lugo FS chegará á Mariña o sábado para medirse durante a mañá a benxamíns, alevíns, infantil A e cadete A da familia laranxa. A xornada dominical deparará dúas citas, cun duelo cento por cento burelista, entre o infantil B e o cadete B, e un novo cara a cara dos xuvenís co Vilalba FS.

Sábado 28 de setembro
10.00 horas: ED Burela FS Benxamín-Azkar Lugo FS Benxamín

11.00 horas: ED Burela FS Alevín-Azkar Lugo FS Alevín

12.00 horas: ED Burela FS Infantil A-Azkar Lugo FS Infantil

13.00 horas: Burela FS Cadete A-Azkar Lugo FS Cadete

Domingo 29 de setembro
10.15 horas: ED Burela FS Infantil B-Burela FS Cadete B

12.00 horas: Burela FS Xuvenil-Vilalba FS Xuvenil

Exit mobile version