Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG Lugo – A Mariña mostra o seu apoio aos militantes independentistas imputados por enaltecemento do terrorismo pola Audiencia Nacional

Desde a Unión Comarcal de CIG Lugo – A Mariña queremos amosar a nosa solidariedade e apoio aos catro militantes do independentismo galego, tres deles veciños de Lugo, que mañá mércores 4 de setembro están chamados a declarar coma imputados na Audiencia Nacional baixo a acusación de Enaltecemento de Terrorismo. Esta acusación basease nos feitos de portar fotos de presos independentistas galegos nunha manifestación en contra da Megaminaría celebrada en Compostela o pasado 2 de Xuño. Compre destacar que estas persoas non provocaron nengún altercado durante a celebración desa manifestación.

Desde a Unión Comarcal da CIG entendemos que a imputación destas catro persoas supón un feito de extremada gravidade, que atenta contra o dereito de Manifestación e que pretende extender socialmente a idea da existencia de practicas terroristas por parte dun sector político da poboación galega, tentando así tamén desviar a atención de outras problemáticas sociais e económicas que estamos a sufrir na actualidade.

Igualmente con estas práctcas antidemocráticas o estado español pretende cortar de raíz calquera debate que se poida producir sobre o dereito de Soberanía para Galiza, tentando excluir a Galiza de debates como o que se esta a producir en Catalunya ou Euskadi. Para eso nada mellor que confundir á cidadanía, mesturando soberanía con terrorismo.

Por ultimo lembrar que a política penitenciaria de dispersión do Estado Español cos presos independentistas galegos incumpre a Constitución española no seu artigo 25 e a Ley Orgánica General Penitenciaria (LOGP) no seu artigo 1, que establecen que o cumprimento das penas privativas de liberdade debe estar orientado á reeducación e á reinserción social dos penados e igualmente que distintos organismos internacionais vencellados aos dereitos humáns teñen condenado estas prácticas penitenciarias do Estado Español.

Exit mobile version