Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de Educación de Cervo prolonga os Enredos de verán durante a primeira semana de setembro

Cervo, 2 de setembro de 2013.- A Concellería de Educación, que dirixe Pilar Armada, informa de que os Enredos de verán desenvolveranse durante unha semana máis do previsto, de forma que se estenderán ata o día 6 de setembro. O obxectivo é, tal e como explica Armada, “seguir axudando ás familias na conciliación da súa vida laboral e persoal”.

Deste xeito, será o venres que vén cando os 75 nenos e nenas que veñen participando nesta actividade se despidan dos Enredos de verán na tradicional festa de clausura que se adoita celebrar o último día. Un evento co que se porá fin a dez semanas de actividades durante as que os pequenos participaron nunha viaxe imaxinaria polos cinco continentes, de forma que visitaron lugares coma Suíza, Australia, China, Italia, Canadá, Rusia ou a India. Ademais, durante a primeira semana estiveron preparando a equipaxe e estes días recollen e fan balance de todo o vivido.

Exit mobile version