Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación e a familia de Álvaro Gil achegan posturas para que o seu legado permaneza no Museo Provincial

Lugo, 18 de setembro de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro, mantivo, este mércores, unha xuntanza cos herdeiros de don Álvaro Gil co fin de que as pezas de ourivería que forman parte do seu legado permanezan no Museo Provincial de Lugo para desfrute gratuíto de todos os lucenses e por extensión dos galegos e galegas amadores da nosa cultura.

Esta nova xuntanza produciuse despois de coñecerse a valoración económica efectuada por un experto taxador en temas de arqueoloxía co fin de cuantificar a colección e valorar, tamén, a batería de propostas realizada por esta institución á familia.

Pese a non existencia a día de hoxe de acordo pechado, tanto a Deputación de Lugo como a familia amósanse prudentes pero optimistas en que o resultado das negociacións sexa positivo para as partes, clarificando aspectos como o do seguro -as pezas da colección xa están aseguradas- ou o da pintura catalana e limando asperezas.

Na vindeira semana, espérase celebrar unha nova xuntanza entre o delegado de Cultura e Turismo da Deputación e os herdeiros de don Álvaro Gil, aínda que non está fixada a data, para seguir avanzando nun acordo que manteña as pezas de ourivería do legado de don Álvaro Gil no Museo Provincial de Lugo.

Exit mobile version