Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación ensina a 150 PEMES e autónomos lucense como atraer clientes coas redes sociais e códigos QR

curso marketing IN LUGO 003A Deputación imparte gratis talleres sobre as TICs, ás PEMES e autónomos lucenses, sumadas ó Reacciona coas TICs. Trátase dun programa pioneiro en Galicia que analiza as necesidades informáticas das empresas e as dota de ferramentas e formación necesaria para sacarlle o máximo partido as TICs. Son 150 as PEMES e autónomos de toda a provincia beneficiarias desta iniciativa enmarcada no Innova-TE2 e financiada con máis de 200.000 euros de fondos europeos.

Nunha primeira fase que rematou a semana pasada, a institución provincial analizou as necesidades das entidades adheridas ó programa. En función dos resultados dos estudos pormenorizados, a Deputación imparte estes cursos formativos e comezou a instalarlles as ferramentas informáticas máis adecuadas para cada negocio.

Nesta segunda fase os cursos gratuítos amosarán ós beneficiarios do plan as posibilidades de negocio coas redes sociais e o xeomarketing. Tendo en conta que os participantes no programa son de toda a provincia, comezaron hoxe os obradoiros en Lugo, onde se repetirán mañá no Centro de Innovación Social da Deputación en horario de 9:30 a 13:30 e 16:30 a 19:30. O xoves repetirase a iniciativa no CEMIT de Monforte de novo en horario de mañá e tarde e os días 26 de setembro e 1 de outubro en Viveiro, tamén na aula CEMIT desta localidade, neste caso só en horario de tarde.

Códigos QR e Facebook
Os talleres organizados pola Deputación permiten ós participantes atraer novos clientes atendendo ás novas tendencias de comunicación a través do móbil. Os empresarios aprenden cómo dar de alta o seu negocio en Google, coñecen a maior rede social asociada ó xeoposicionamento (Foursquare) e a prenderán a crear códigos QR, unha interesante ferramenta enfocada a vincular o mundo real co virtual. Por outra banda, cada vez son máis as empresas que ven en facebook unha oportunidade para chegar á súa clientela, pero poucas levan unha estratexia adecuada e exitosa. No obradoiro os participantes aprenderán a crear a súa propia páxina empresarial en facebook e sacarlle todo o partido posible, con trucos útiles e ferramentas sinxelas.

Exit mobile version