Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación mellora a formación dos traballadores do Parque Móbil cun curso sobre condución segura

A Deputación organizou unha nova edición do curso de seguridade e redución de riscos ó volante, dirixido ós traballadores do Parque Móbil. Fíxoo en colaboración coa Escola de Perfeccionamento e Técnicas de Condución (PTC), cunha xornada formativa e práctica, que se desenvolveu no Circuito da Pastoriza.

Con esta iniciativa, ós participantes acadan unha mellor percepción dos perigos na estrada, que lles permita unha condución máis segura. Deste xeito, os traballadores da Deputación estudaron unha serie de parámetros teóricos, como a posición de condución, o manexo do volante en diferentes situacións, os trazados e traxectorias, a utilización correcta do freo e do acelerador, ou a dinámica de pesos no vehículo.

O curso, completamente personalizado, tamén comprendeu a posta en práctica do aprendido, nun circuíto pechado e habilitado para o caso. Os condutores practicaron slalom, freadas de emerxencias, o manexo do vehículo fronte a obstáculos ou curvas deslizantes, así como trazados e traxectorias. Ademais, con vehículos 4×4, os condutores realizaron unha ruta, na que se tratou como afrontar pendentes, o paso por ríos e zonas embarradas e inclinacións laterais do vehículo.

Exit mobile version