Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música de Xove ofrece concertos de promoción nos colexios do municipio

Este mércores 18 de setembro ás 10:00 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (para os alumnos/as do Pedro Caselles) e ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico (para os alumnos/as do IES Illa de Sarón), varios profesores da Escola Municipal de Música de Xove van realizar un pequeno concerto en cada un dos centros educativos de Xove, dunha duración de media hora cada un deles.

Con estes dous concertos ábrese o Curso 2013-2014 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos teñen unha dobre finalidade, cultural por un lado, e por outro promocional, no sentido de que se aproveitan para publicitar a Escola e para animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal inda poden facer ata finais deste mes de setembro, concretamente ata o día 30 nas Oficinas Municipais, no Rexistro de Entrada.

Os dous concertos organízanse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Exit mobile version