Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Natación de Xove abre o prazo de inscrición

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO vindeiro martes 1 de outubro a Escola Municipal de Natación de Xove abre o prazo de inscrición para os cursiños de natación que se celebrarán no ano 2014.

Os cursos de Natación para Peques, para nenos e nenas de 2 a 4 anos, celebraranse só nos meses de verán: xuño, xullo, agosto e setembro en sesións de mañá dous ou tres días á semana, segundo a idade.

Os cursos de Natación Nivel Blanco (nenos e nenas de máis de 5 anos) desenvolveranse todo o ano; igual que os de Natación Nivel Amarelo, Natación Nivel Verde, Natación Nivel Azul, Natación Nivel Vermello, Natación Iniciación para Adultos e Natación Perfeccionamento-Mantemento para Adultos. Nos cursos de nenos ou nenas faranse tres quendas por cada nivel: a primeira ás 17.00 horas, a segunda ás 18.15 horas e a terceira, ás 19.15 horas. Os cursos de adultos son a partir das 20.30 horas da tarde-noite.

Todos os cursiños teñen unha duración de 2 meses e desenvolveranse en días alternos: un mes, martes e xoves; e outro mes, luns, mércores e venres. En total son 750 prazas de alumnos e alumnas para todos os niveis de aprendizaxe.

Para os alumnos e alumnas censados-domiciliados e empadroados no Concello de Xove, o prazo de inscrición ábrese unha semana antes, este luns 23 de setembro.

Máis información na Piscina Municipal de Xove ou no teléfono 982 592 001.

Exit mobile version