Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Provincial de APAS de Lugo convida a asistir á marcha a Santiago este domingo contra os recortes en educación

A FAPACEL convoca a toda a sociedade a a participar o vindeiro sábado 28 de setembro nunha marcha a Compostela en contra da LOMCE e tódolos recortes que a Xunta esta a facer sobre a Educación Pública: becas, comedores, libros, profesores…….

Esta Federación non esta disposta a permitir que a nosa Educación Pública sexa desmantelada desta forma tal como o esta facendo este goberno.

Non podemos permitir que as nais/pais deste pais teñan que pagar por un servizo que xa pagamos cos nosos impostos, que se nos impoñan unhas leis de IRPF abusivas. Esta Federación pide que todos os comedores sexan un servizo mais da Educación, que todos os comedores nos faciliten as nais/pais a nosa vida laboral e familiar, que esta claro que os nosos gobernantes lles da o mesmo. Non podemos permitir que nos se nos dean ningunha opción o pago a comedor, se non podemos atender @s nos@s fill@s por traballar durante o mediodía e o noso soldo non nos permite pagar o comedor, que facemos???????? Alguén pensou en nos, alguén pensou en que podemos facer?????????? Esta claro que non, que a este gobernantes lles da o mesmo o que se teña que facer para que @s nos@s fill@s poidan comer a mediodía.

Non podemos permitir que as ANPAS estean a suplir un servizo que ten que dar a Xunta, son as ANPAS as que lles están axudando as nais/pais que non poden pagar os libros de texto para os seus fill@s mediante diversos métodos, Esta é a única forma que moit@s nen@s teñan eses libros.

Non podemos permitir que as becas da universidade non permitan estudar a nosa xuventude. Que se faga selección de tipo económico para entrada as Universidades.

Non podemos permitir que a LOMCE sexa unha lei viva, temos que entre todos conseguir que a LOMCE sexa unha lei morta. Unha lei que nos volve a unha educación regresiva e con moitos obstaculos para @s nos@s fill@s.

“Por todo isto e mil razóns mais temos que asistir a marcha do día 28”, insisten dende a Federación.

Exit mobile version