A entidade comunica que permanece aberto o prazo para formar parte do seu equipo de voluntariado e desempeñar funcións nos distintos servizos que xestiona. Os perfís profesionais que están a buscar para este ano 2013 son os seguintes:
• Coidadores/as e/ou Técnicos sociosanitarios.
• Persoas formadas non campo das actividades físico-deportivas.
• Persoas con formación relacionada ou experiencia acreditada no sector da cerámica ou artes plásticas.
• Persoas con formación relacionada co mundo do deseño gráfico ou experiencia laboral no campo.
• Persoas con formación na rama social (educador social, animador socio-cultural…)
• Persoas con formación na rama educativa (A.L., P.T., E.E….)
• Fisioterapeutas.
• Persoas con coñecementos en horticultura.
Se están interesados en colaborar coa Fundación Eu Son poden poñerse en contacto con eles a través dos seguintes medios:
Tfno/Fax: 982581112
Email: fundacion@fundacioneuson.es
Dirección: Rúa Suafonte nº 47 Baixos , Burela (Lugo).
Facebook: Fundación Eu Son.