Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Eu Son participou nunha xornada de deporte de aventura en León

foto espeleoloxia 1A Fundación Eu Son de Burela en colaboración co Grupo de Espeleoloxía de Lugo realizou este pasado sábado 21 , unha actividade de Descubrimento da espeleoloxía na Cova de Boucelo en Vega de Valcarce (León). Esta actividade contou coa presenza de cinco usuarios da Fundación Eu Son e tres guías especializados do club, Miguel Freire, Enrique Torres e Gonzalo Villarmea , todos eles cunha ampla experiencia neste deporte. O G.E.L. naceu no 1985 na cidade das Murallas e dende entón colabora con distintas entidades e centros educativos da nosa comunidade na organización de actividades de espeleoloxía.

Esta experiencia, pioneira na nosa provincia, foi tremendamente positiva para todos os usuarios, que disfrutaron dunha excitante xornada de deporte de aventura no medio natural, trepando, arrastrándose e recorrendo as distintas galerías da cova o que resultou unha actividade moi entretida, e inesquecible para todos eles.

Este proxecto demostra que unha discapacidade non é un impedimento para realizar deportes de aventura e que grazas os retos plantexados na actividade os participantes exploraron os seus propios límites, e foron plenamente conscientes das súas habilidades e capacidades. Isto facilita que se incremente a súa autoestima e que se atrevan a afrontar calquera dificultade que lles xurda na súa vida cotiá con máis seguridade e optimismo.

Exit mobile version