Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña comunica a posta en marcha dunha “arbitraxe” vía xudicial

Dende a Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña queremos comunicar a todos os afectados pendentes dunha solución para a recuperación dos seus aforros, que segundo os datos que nos constan, se vai abrir novamente unha vía de solución para afectados por preferentes e subordinadas.

Trátase dunha denominada “arbitraxe” pero que desta vez non será administrativa, se non que será mediante a vía xudicial.

Será para casos coa demanda xa presentada, e queda por determinar si entrarán tamén demandas que se poidan presentar posteriormente do coñecemento desta nova.

Solucionaranse casos que se parezan ou sexan similares a os de afectados que no seu día se lles aceptara a arbitraxe administrativa. O que vai facer a entidade será recoñecer a demanda ou petición dos afectados, para que se chegue directamente a un acordo e se formalice a petición do demandante o antes posible e así evitar xuízos e demais, isto ven sendo o que se denomina unha “conciliación previa” que evitará o pago de taxas e costas xudiciais.

Segundo a información da que dispoñemos será unha vía que resolverá o problema a uns 8000 afectados máis que se sumarán os que xa recuperaron o seu diñeiro mediante a vía da arbitraxe administrativa.

Recomendamos que todos os afectados que crean que esta vía pode ser a solución se poñan en contacto o antes posible con persoal cualificado, neste casos avogados, que lles podan informar do procedemento o antes posible.

Aproveitamos tamén para informar, e para que non se cree confusión, que a arbitraxe administrativa a través de consumo quedou finalizada dende a segunda semana do mes de agosto, dende esa data xa non se resolveron máis casos por esa vía administrativa.

Como levamos facendo dende o comezo deste problema, tratamos de dar a maior información posible, para que os afectados podan decidir persoalmente que facer en cada caso.

Para calquera dúbida ou consulta, poden poñerse en contacto coa plataforma do seguinte xeito:

No nº de teléfono: 608 191 779 – De 19:00 a 20:00h
No enderezo electrónico: afectadospreferentesamarinha@gmail.com
No noso perfil de facebook: Afectados Participacións Preferentes A Mariña

Exit mobile version