Site icon Crónica3.com A Mariña

A primeira xornada de limpeza voluntaria nos ríos de Ribadeo rematou coa extracción de toneladas de residuos

290913 Foto limpeza rios 1Ribadeo, 29 de setembro de 2013. Na primeira xornada de limpeza voluntaria dos ríos de Ribadeo preto dunha ducia de persoas extraeu varias toneladas de residuos, segundo explicou este domingo o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.

O edil nacionalista dixo que “sacamos sobre todo plásticos de silo, botellas de vidro e plástico, ferro, olas, etc”. A primeira xornada tivo lugar este sábado, entre o teleclub e o muíño de Arante, un treito duns 3 quilómetros. Cupeiro explicou que “o vindeiro sábado faremos o tramo que vai ata o río Grande tamén en Arante”. Os que queiran participar na segunda xornada de limpeza voluntaria nos ríos de Ribadeo poden anotarse chamando por teléfono ao departamento de Medio Ambiente do Concello ao 982 120 701 ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: sostibilidade@ribadeo.org.

O concelleiro de Medio Ambiente agradeceu “no nome do Concello a asistencia ás persoas que quixeron participar nesta iniciativa no día no día de onte. E unha mensaxe a toda a xente das zonas próximas aos ríos, teñen que ter coidado á hora de controlar que estes residuos non volvan realizarse. O coidado dos ríos e o coidado da nosa saúde son moi importantes, xa que a auga é o sustento básico da alimentación”.
As xornadas de limpeza voluntaria nos ríos de Ribadeo seguirán os días 5, 12 e 19 de outubro. A iniciativa está organizada polas Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade e pola Deputación de Lugo.

Exit mobile version