Site icon Crónica3.com A Mariña

A Semana Europea da Mobilidade remata o domingo en Burela con numerosas actividades

200913 Foto visita semana movilidadO alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, visitaron este venres a mesa informativa sobre a semana da mobilidade que estivo instalada entre as 10 e as 12 horas nas inmediacións da Cada da Cultura. O sábado, durante a mañá seguirá aberto o circuíto de karts no pavillón dos IES; pola tarde entre as 17 e as 19 horas desenvolverase o xogo de mobilidade Busca e rebusca a pista móbil na praza da Mariña.

As actividades da semana da mobilidade concluirán o vindeiro domingo, 22 de setembro, coa celebración do día sen coches. Desde as 9 da mañá ás 22 horas permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Pardo Bazán (tramo da intersección das rúas Curros Enríquez e Eijo Garay) e Eijo Garay (tramo de intersección das rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán). Durante esa xornada haberá unha gimkana; un obradoiro de maquillaxe e caracterización para o público infantil e degustación de produtos típicos do outono; unha demostración das mulleres palilleiras de Burela; Dispara a gol coa participación de xogadores/as dos equipos masculino e feminino de fútbol sala de Burela; un obradoiro didáctico con Ledicia; unha merenda saudable patrocinada pola ACIA local e unha actuación da asociación Batuko-Raventola.

Exit mobile version