Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta apoia con 70.000 euros os programas municipais de redución do abandono escolar na Mariña lucense

A Mariña lucense, 10 de setembro de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Vidal Martínez-Sierra salientou este martes o apoio que presta a Xunta a seis concellos da nosa comarca para potenciar o programa de redución do abandono escolar.

O Goberno galego achegará preto de 70.000 euros para financiar actividades educativas deseñadas polos concellos de Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, O Vicedo e Viveiro. As axudas van desde os 8.000 ata os 14.000 euros en función do número de actividades programadas.

O obxectivo final busca incidir sobre as causas do abandono escolar, e para iso inclúe apoios tanto ao alumnado de terceiro e cuarto de educación secundaria, ou dos programas de cualificación profesional inicial, como tamén para que aqueles mozos e mozas que xa non están no sistema educativo poidan prepararse as probas de obtención dos distintos títulos oficiais, tales como o graduado en educación secundaria obrigatoria ou estudos de formación profesional de grao medio e/ou de bacharelato.

As axudas tamén permitirán impulsar un servizo municipal para atender o alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e intereses, coa finalidade de diminuír o risco de abandono ou desinterese e de preparar para as probas de graduado en ESO.

RELACIÓN DE BENEFICIARIOS

Concello

Axuda

Concello de Burela

14.634,90

Concello de Cervo

8.000

Concello de Foz

12.000

Concello de Ribadeo

11.988,80

Concello do Vicedo

5.017,21

Concello de Viveiro

17.600

TOTAL

69.241

Exit mobile version