Site icon Crónica3.com A Mariña

A XV Carreira Popular Concello de Viveiro rexistra dous gañadores

Este domingo 29 de setembro celebrouse a proba absoluta da XV Carreira Popular Concello de Viveiro ‘Memorial Julián Bernal’ homenaxe a Pedro Nimo.

Tomando a saída 206 atletas e rematando a proba de 12.500 metros 185, por primeira vez desde que se celebra esta proba houbo dous gañadores: Pedro Nimo del Oro, atleta de Santiago, e Carlos Villamor Castiñeiras, de Lugo, que entraron xuntos na meta. A organización decidiu dar como gañadores ós dous atletas; mentres que o lugués Juan Pena Holguin, foi o terceiro clasificado.

No apartado femenino a primeira clasificada foi a santiaguesa Raquel Suárez, seguida de Esther Pedrosa, tamén de Santiago, e Eusebia Maldonado, da Coruña.

Os gañadores, tanto na categoría masculina coma feminina, recibiron cadanseu trofeo, ademais dos premios en metálico de 150, 100 e 50 euros.

Por categorías, os campións foron:

CADETE MASCULINO
1 ADRIÁN BEN
2 GERARDO MARTINEZ
3 ALEJANDRO DIAZ

XUNIOR FEMININO
1 MARIA ABELEDO

XUNIOR MASCULINO
1 MIGUEL QUINTELA
2 JORGE MICHELENA
3 ANTONIO CERRATO

SENIOR FEMININO
1 RAQUEL SUAREZ
2 EUSEBIA MALDONADO
3 VIRGINA POLO

SENIOR MASCULINO
1 PEDRO NIMO
2 CARLOS VILLAMOR
3 JUAN PENA HOLGUIN

VETERANAS A FEMININO
1 SUSANA BELLAS
2 MARIA LUISA LOPEZ
3 REBECA RIVAS

VETERANOS A MASCULINO
1 JOSE MANUEL TEIJEIRO
2 RAMON SILVA
3 JUAN CARLOS VILLADONIGA

VETERANAS B FEMININO
1 ESTHER PEDROSA
2 ANA FERRADAS
3 MONSERRAT PALLISE

VETERANOS B MASCULINO
1 MANUEL OLIVER PEREZ
2 ANGEL MACEIRAS
3 ANDRÉS PIÑON

VETERANAS C FEMININO
1 ISABEL BREA
2 OLGA FERNANDEZ
3 BEGOÑA DE ARRIBA

VETERANOS C MASCULINO
1 CARLOS PIÑEIRO
2 RICARDO ALVAREZ
3 VICTOR SANDE

VETERANOS D MASCULINO
1 ANDRES PENA
2 EMILIO MARTINEZ
3 JOSE LUIS BOUZA

VETERANOS E MASCULINO
1 JAVIER TORO
2 EMILIO TORAL
3 ARTURO PARDO

VETERANOS F MASCULINO
1 ANTONIO HERNANDEZ
2 SANTIAGO LOSADA
3 ELISEO LOPEZ

VETERANOS G MASCULINO
1 ANTONIO CABANA
2 MANUEL GARCIA
3 JESUS MONTERO

Dende a organización agradecen a todos os atletas a súa colaboración aportando alimentos que foron doados ao Banco de Alimentos. Así mesmo, tamén recoñecen ás institucións que colaboraron nesta carreira: o Concello de Viveiro e Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira; así coma ás casas comerciais: Begano S.A., Pizzbur Covas, Spar Viveiro, Augas Fontecelta e Bodegas Riveirao. A Policía Local e Protección Civil tamén colaboraron no desenvolvemento da proba.

Exit mobile version