Site icon Crónica3.com A Mariña

A zona de prensa do Pavillón Vista Alegre, lista para estrear no partido de volta da Super Copa de España

Burela, 13 de setembro de 2013. O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, visitaron este venres as instalacións do pavillón Vista Alegre con directivos do Burela FS para analizar as actuacións acometidas para a presente tempada, tentando dar cumprimento así ás demandas realizadas desde a Liga Nacional de Fútbol Sala.

Manuel Fernández Valle sinalou que “se creou, tal e como anunciamos no seu día, unha zona para prensa, que se preparou para que os representantes dos medios de comunicación poidan traballar sentados e con apoios para os distintos dispositivos móbiles que empregan”.

O edil de Obras engadiu que “a zona de prensa está situada na parte alta da grada lateral, nun dos laterais da zona reservada para palco e terá capacidade para 9 persoas”. Os xornalistas estrearán este espazo este sábado no partido de volta da Super Copa de España que enfrontará ao Burela FSF co Atlético de Madrid. Nas vindeiras semanas acometeranse outros traballos pendentes de acondicionamento do pavillón.

Exit mobile version